Premiership Rugby

Premiership Rugby
Fundación1987; hai 37 anos
PaísInglaterra Inglaterra
Equipos13
DescensoRFU Championship
Actual campiónHarlequin (2º título)
Máis laureadoLeicester (10 títulos)
TelevisiónBT Sport
Sitio webpremiershiprugby.com

A Premiership Rugby, oficialmente coñecida por motivos de patrocinio como Gallagher Premiership,[1] é unha competición profesional de rugby de Inglaterra. Na actualidade conta con trece equipos e é a máxima categoría do rugby inglés. Os participantes clasifícanse para as dúas competicións europeas: a Champions Cup e a Challenge Cup. O último clasificado cada temporada descende ao RFU Championship, sendo substituído polo campión da mesma.

Fundada en 1987, desde a súa fundación a competición ten recibido diferentes nomes por motivos de patrocinio: Courage League (1987−1997), Allied Dunbar League (1997−2001), Zürich Premiership (2001-2005), Guinness Premiership (2005−2010) e Aviva Premiership (2010−2018). O equipo máis laureado da historia da competición son os Leicester Tigers con dez títulos, seguidos por Bath e Wasps con seis e Saracens con cinco.

  1. "Gallagher Premiership Rugby to kick off on 31 August 2018" (Nota de prensa). Premiership Rugby. 12 de abril de 2018. Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2018. Consultado o 12 de decembro de 2019. 

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search